FERNANDEZ PAZ, AGUSTIN (AUTOR/A)

Agustín Fernández Paz (Vilalba, 1947 - Vigo, 2016) é unha das figuras máis destacadas da literatura galega contemporánea. Profesor e escritor, desenvolveu unha ampla obra narrativa, na súa maior parte publicada por Edicións Xerais de Galicia, traducida e recoñecida cos máis importantes premios. Deuse a coñecer en 1989 co libro de contos " A cidade dos desexos " , o primeiro na colección Merlín de literatura infantil, da que foi fundador e codirector, ao que seguiron " As flores radioactivas " (1990), novela, Premio Merlín 1989; " Contos por palabras " (1991), relatos, Premio Lazarillo 1990, Lista de Honra do IBBY 1992, seleccionado entre a centena de títulos considerados como os mellores da literatura infantil do século XX; " Rapazas " (1993), relatos; " Trece anos de Branca " (1994), novela, Premio Edebé de literatura xuvenil 1994; " Cartas de inverno " (1995, 2016), novela, Premio Rañolas ao mellor libro xuvenil; " Amor dos quince anos, Marilyn " (1995), novela; " O centro do labirinto " (1997), novela; " O laboratorio do doutor Nogueira " (1998); " Cos pés no aire " (1999), novela, Premio Raíña Lupa; " Aire negro " (2000), novela, Lista de Honra do IBBY 2002, Lista The White Ravens 2004 e Premio Protagonista Jove 2001; " No corazón do bosque " (2001), novela; " Un tren cargado de misterios " (2001), conto; " Noite de voraces sombras " (2002), novela; " A praia da esperanza " (2003), conto; " O meu nome é Skywalker " (2003), novela, Premio Barco de Vapor; " Tres pasos polo misterio " (2004), relatos; " Fantasmas no corredor " (2005), conto; " Corredores de sombra " (2006), novela, Premio Frei Martín Sarmiento; " O único que queda é o amor " (2007), relatos, Premio Nacional de literatura infantil e xuvenil, Premio Neira Vilas da AGE, Premio da AELG, Premio Frei Martín Sarmiento; " Lúa do Senegal " (2009), novela, Premio da AELG; " Valados " (2009), conto; " Non hai noite tan longa " (2011), novela, Premio Ánxel Casal 201


Libros del autor

Ordenar y filtrar

Opciones

Ordenar por:

Filtros Quitar

Disponibilidad:

Sección:

Editorial / Marca: